Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA NO CONCELLO DOS DEZASEIS VALES DA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO PEMENTO DO COUTO
A campaña destaca un dos mellores produtos da contorna, con IXP propia, valorando a economía de proximidade ao xerarse na zona desde o inicio
Narón, 09 de agosto de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e a xerente da Cooperativa do Val, Marta Vázquez, entregaron esta mañá no Concello os dezaseis vales sorteados entre as persoas participantes na campaña promocional do Pemento do Couto que tivo lugar en 16 locais de hostalería da cidade: Australian Cervecería, New Orleans, Casa Sindo, Tyché, La Bodeguilla, O Rincón de Trini, A Roldana, La Perfecta, Anacos, Continental, La Salmantina, Colonial, Silver, Mesón O Pío, Ambigú do local social da AVV Altea de Xuvia, e Café Bar Félix. A degustación consistiu no ofrecemento de tapas á clientela, nos citados establecementos, co pemento do Couto como ingrediente principal e nas que destacaban tamén a creatividade na elaboración das mesmas. O Concello organizou esta convocatoria coa colaboración da Cooperativa do Val, a AVV do Couto e a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, co obxectivo principal da exaltación gastronómica deste produto con selo de indicación xeográfica protexida da Unión Europea. Pita recordou que os vales entregados deberán empregarse ata o vindeiro 31 de outubro e consisten nunha comida ou cea para dúas persoas, valorada en cen euros. O edil de Promoción Económica e a xerente da Cooperativa do Val agradeceron a súa implicación na campaña a todas as persoas que participaron nas degustacións e aos locais de hostalería colaboradores.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal