Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ARRANCA EN CEDEIRA A 6ª EDICIÓN DO JAZZ DE RÍA CON DAVID REGUEIRO E ALEXANDRE CAVALIERE
O VI Festival de Jazz de Ría celebrase en Narón, Neda e Cedeira dende o día 11 ata o día 14 de agosto
Narón, 11 de agosto de 2022. O VI Festival de Jazz de Ría abre portas xoves ás 21:30 cun concerto moi especial no Parque de San Isidro en Cedeira. O guitarrista galego David Regueiro convida por primeira vez ao violinista belga Alexandre Cavaliere a compartir escenario cunha proposta na que interpretarán repertorio propio arranxado especialmente para esta colaboración. David Regueiro conta cunha ducia de discos editados e centos de actuacións por diferentes países, consolidouse como un dos guitarristas de gypsy jazz máis destacados do Estado. Co seu trío, no que se acompaña de guitarra rítmica e contrabaixo, presentou en 2020 “Areal”. Este álbum, conformado por nove composicións propias, está ubicado no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, sen deixar de lado outras das súas influencias: o swing americano e o be-bop. O trío aporta unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición ao tempo que fresca e innovadora. Alexandre Cavaliere é unha das figuras máis importantes do jazz manouche actual e unha grande referencia europea. Ademais, este ano a música que sonará antes e despois dos concertos, durante todo o festival, é unha escolla feita especialmente para o Jazz de Ría por Ábrete de Orellas, medio especializado con sede en Narón, dúas veces gañador do Premio Martín Códax da Música a mellor espazo de comunicación musical. Tamén se suma a esta edición Cervezas Alhambra, en liña coa súa aposta por crear experiencias musicais únicas, que conviden a gozar das súas cervexas coa mellor banda sonora. Do xoves 11 ao sábado 14 de agosto, o festival ofrecerá unha programación que se achega ás marxes do jazz a través de propostas que xogan con outros estilos como o soul das Sey Sisters, o flamenco de Los Aurora ou as músicas populares d’A Brigada Bravo&Díaz. Como en cada edición, a programación está deseñada para cada localización concreta, polo que a integración no territorio é total. A participación da veciñanza e a recuperación da memoria son tamén parte da filosofía do Jazz de Ría. Todas as actividades son abertas, gratuítas e accesíbeis. O roteiro ornitolóxico polo Río Belelle, organizado pola Sociedade Galega de Historia Natural o domingo como primeira parte da actividade ORNITHOLOGY esgotou todas as prazas na mesma mañá na que se abriu o prazo para facer reservas; pero si será posible participar no concerto programado xusto a continuación da ruta, na Área Recreativa de Maciñeira, onde o saxofonista de jazz Pablo Castaño e o narrador Celso F. Sanmartín farán unha homenaxe ao clásico Ornithology de Charlie Parker e Benny Harris favorecendo unha escoita activa dos cantos dos paxaros. Neste caso, o aforo é ilimitado e o acceso é libre, polo que non é preciso reservar. Nesta edición o festival proponse tentar eliminar case ao 100% o plástico dun só uso. Grazas á colaboración con Cervezas Alhambra, o festival contará con botellas reutilizables para a auga de todas as artistas e a equipa; e co apoio de ECOEMBES estarán dispoñibles todos os contenedores necesarios para facilitar a xestión dos residuos que se xeren durante o festival. Ademais, recupérase a "operación ecovaso", para animar ás persoas asistentes a que leven os seus vasos reutilizables de casa; e para quen non leve o seu ecovaso, nas barras haberá vasos de cartón 100% reciclables. O Jazz de Ría recibiu en 2021 o Premio Organistrum Extraordinario nos Premios Martín Códax da Música, polas súas boas prácticas de sostibilidade e igualdade, en materia laboral, e na integración no entorno, entre outras cousas. O programa completo desta VI Edición do Jazz de Ría pódese descargar na seguinte ligazón: www.jazzderia.gal/programa/

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal