Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO AO NARONÉS ÁLVARO FERNÁNDEZ CALVO, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE AUTOMODELISMO NA CATEGORÍA 1/8 IC TRACK
O deportista do Club RC Narón Automodelismo acadou recentemente o 5º posto no Campionato de Europa de IC Track (Pista Gas) celebrado en Valencia
Narón, 17 de agosto de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, recibiron hoxe no Concello ao campión de España de automodelismo na categoría 1/8 IC Track Álvaro Fernández. Álvaro Fernández, deportista do Club RC Narón Automodelismo acadou recentemente o 5º posto da súa categoría no Campionato de Europa de IC Track (Pista Gas) celebrado en Almussafes, Valencia, e no que participaron uns cen pilotos procedentes de distintos países europeos. Na recepción coa alcaldesa e o edil de Deportes, o xoven deportista naronés de 18 anos, recordou como a súa afición polo automodelismo comezou aos 10 anos a través de seu pai, quen desenvolve o labor de mecánico na actividade, e contoulles as súas experiencias nesta modalidade deportiva. Ferreiro transmitiulle as súas felicitacións pola encomiable traxectoria que está acadando como deportista de automodelismo e manifestoulle o orgullo de que como naronés, leve o nome de Narón en todas as competicións nas que participa, desexandolle moitos éxitos na súa carreira deportiva que constitue un exemplo para moitas persoas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal