Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE COCIÑA SAUDABLE PARA HOMES
Estivo organizado pola Concellería de Igualdade de Narón.
Narón, 8 de Febreiro de 2013.- A Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, entregou hoxe venres dia 8 de febreiro, os diplomas correspondentes ó Obradoiro de Cociña Saudable dirixido a homes, no que participaron un total de 32 persoas. Os obxectivos principais deste obradoiro foron o aprendizaxe de diferentes técnicas, habilidades e destrezas no eido da cociña, o coñecemento dos produtos máis saudables e as cantidades que deben tomar as persoas maiores, e a promoción do ámbito comunitario do Concello coma un espazo realmente corresponsable. Os obradoiros realizáronse nos centros comunitarios, e tiveron unha duración de 24 horas divididas en seis xornadas. Ó longo das clases, os alumnos aprenderon a elaborar receitas saudables e sinxelas, así como a manipular alimentos e útiles de cociña, limpeza doméstica, organización da compra, técnicas de preparación de alimentos, e a elaboración dun menú. O Obradoiro de Cociña Saudable forma parte do Programa de atención ás Persoas Maiores, e concíbese coma unha estratexia que fomenta a educación para a saúde entre os homes maiores. Así, a través de propostas coma ésta, achegáronse ós asistentes conceptos e coñecementos elementais sobre nutrición, para que poidan ser utilizados e aplicados á vida cotiá. Ó mesmo tempo, conciénciase á poboación do papel da alimentación na saúde e prevención das enfermidades, tanto físicas coma psicolóxicas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal