Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN PARQUE EÓLICO SINGULAR PARA NARÓN
A resolución do 11 de xullo de 2007 da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, publicada no DOGA do día 20 deste mes de xullo recolle a petición do Concello de Narón entre os parques eólicos singulares autorizados en Galicia.
Despois dun longo proceso administrativo que conlevou a paralización da tramitación do proceso de adxudicación da xestión dun parque eólico de 3 megawatios no municipio naronés, a Consellería de Innovación e Industria ven de admitir a trámite a solicitude para autorización dun parque eólico singular no Concello. Esta importante nova suporá retomar dun xeito inmediato o procedemento xa iniciado polo pleno municipal en anos anteriores co fin de elixir ao operador privado que xestionará un parque eólico de titularidade municipal cunha potencia estimada de 3 Mw. Parte da enerxía producida e dos recursos que dela se obteñan serán utilizadas para o autoconsumo municipal e suporá un indudable beneficio para as arcas do concello.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal