Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DOS ACTOS CON MOTIVO DO 8 DE ABRIL, DIA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
Na Praza de Galicia darase lectura ó Manifesto do Pobo Xitano e realizarase unha solta de globos coas cores da bandeira xitana.
Narón, 5 de Abril de 2013.- O Concello de Narón acolleu hoxe unha rolda de prensa na que se presentaron os actos que se celebrarán neste municipio con motivo da conmemoración do 8 de Abril, Día Internacional do Pobo Xitano. Nesta comparecencia participaron as concelleiras de Igualdade e Participación Cidadá de Narón, Teresa Sabio e Catalina García respectivamente, ademáis dunha muller de etnia xitana en representación deste colectivo. Verónica Monteiro Salazar explicou as actividades que se levarán a cabo ó longo deste mes para celebrar esta data, e que son as seguintes: -Luns 8 de abril ás 12:00 horas na Praza de Galicia: lectura do Manifesto redactado con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano (adxúntase o documento). Ademáis, lanzaranse ó aire globos coas cores da bandeira xitana (azul, verde e vermello). -Venres 12 de abril: ás 17:00 horas celebrarase a Cerimonia do Río, en Freixeiro, cun acto floral e a lectura do Manifesto. A continuación, ás 18:00 horas no Centro de Maiores ‘Manuela Pérez Sequeiros’ se realizará unha convivencia intercultural, e se invitará á degustación do café xitano que elaborarán as propias mulleres. -Charlas de sensibilización sobre a cultura xitana, en centros escolares de Narón, ó longo deste mes (en datas aínda sen concretar). Ademáis, nos centros con alumnado de etnia xitana se leerá o Manifesto Xitano o vindeiro luns día 8. A Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, pedíu respeto por parte da sociedade á cultura xitana e tamén unha maior participación por parte destas mulleres nos cursos de Alfabetización, Hixiene e Economía Doméstica que organiza dende fai anos o Concello de Narón, de outubro a maio. Estos cursos se celebran no Colexio de San Mateo e na Casa da Mocidade. Pola súa parte, a Concelleira de Participación Cidadá e Acción Social lembrou que o Concello mantén dende o ano 2006 un convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano (cifrado en 20.000€ para este ano) a través do cal se promove a integración destas persoas na sociedade. “Queremos que a poboación se sume a estos actos para coñecer outra cultura e outras formas de ser e de estar. Todos somos iguais e diferentes á vez, e máis alá das etnias están as persoas”, declarou a edil. Estímase que en Narón existen aproximadamente 300 persoas de etnia xitana

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal