Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONTRATACIÓN DA XESTIÓN DA NOVA ESCOLA INFANTIL NA GÁNDARA
O boletín oficial da provincia nº 162 do sábado 14 de xullo de 2007 recolle o anuncio da contratación da xestión da nova escola infantil municipa que se ubica no barrio de A Gándara desta localidade de Narón.
Trátase da terceira escola infantil posta en marcha polo Concello. Primeiramente púxose en funcionamento a escola infantil de A Solaina. Posteriormente abreuse o centro educativo da parroquia de Piñeiros e na actualidade están a rematar as tarefas de construcción e amoblamento desa terceira instalación municipal que ven a dar resposta ás necesidades e esixencias que a sociedade naronesa demanda, co fin último de axudar a compatibilizar a vida familiar coa laboral. O período desa xestión fíxase en catro anos; espazo temporal que coincide co que resta da xestión por concesión administrativa das outras dúas garderías que funcionan no noso termo municipal e co fin de unificar os prazos e as formas administrativas de xestión nun futuro cercano. A inauguración deste centro terá lugar co inicio do vindeiro curso escolar, unha vez rematen as obras e se obteña a pertinente autorización da Xunta de Galicia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal