Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA PISCINA TERAPÉUTICA SE INSTALARÁ NO PAVILLÓN DE A GÁNDARA
O Concello de Narón xa conta co proxecto definitivo das obras de construcción dunha piscina recreativa e terapéutica que se ubicará nun anexo do actual pavillón polideportivo municipal de A Gándara.
O consistorio, sensible ás necesidades dos nosos maiores e sectores poboacionais necesitados dunha especial atención, ten prevista a contratación nestes días dun concurso público para a construcción dunha piscina terapéutica no barrio máis populoso da nosa cidade. O importe total desta actuación é de 195.933,94 euros. A nova instaláción executarase nun anexo engadido ás actuais instalacións, accedéndose á mesma pola piscina actual e compartindo os vestiarios existentes na actualidade. Non obstante, dado o incesante incremento dos usuarios destas instalacións, estase a estudiar unha reforma en profundidade dos vestiarios co fin de adaptalos ás necesidades e esixencias do seu uso actual.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal