Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INICIO DAS OBRAS DE MANTEMENTO E REPARACIÓN DE VIAIS NA ZONA RURAL
Inclúense no POS 2012, e tiveron que ser aprazadas a causa das intensas chuvias dos últimos meses.
Narón, 20 de Abril de 2013.- A Concellería de Obras Públicas de Narón, dirixida polo edil Angel Castro, continuará a vindeira semana as obras de reparación asfáltica e alumeado incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS) 2012, e que tiveron que ser aprazadas a causa das intensas chuvias rexistradas nos últimos meses. Así, o POS 2012 conta cun orzamento total de 650.125,42 € que se destinará integramente ó mantemento dos viais da zona rural. Ata o de agora, tense actuado nas parroquias de Doso e Pedroso (esta última a piques de finalizar). A partires da vindeira semana, os traballos realizaranse de xeito progresivo nas seguintes parroquias: SEDES: Asperón a Santa Mariña Igrexa a Gándara Feira a Lagoela Villallonte a Canosa Salgueiral (autovía) Orzamento total: 204.076 € SAN XIAO: Ferrerías a S. Clemente Berruga Orzamento total: 22.066,36 € CASTRO: Senda a A Chousa Penedo ó CPI O Feal A Fraguiña ó Feal Orzamento total: 55.871,87 € O VAL: Vilacornelle a Riazo Carballedas a Lobeiro Predeira a Pradedo Vilacornelle a Sinde Redondo a Modia Orzamento total: 111.469,77 € O COUTO: Fonte de Neixa O Picho Rio Miño Luis Amado Orzamento total: 46.791,06 € SAN MATEO: Vacariza e Barcia Orzamento total: 13.437,69 € Asímesmo, está prevista a instalación de alumeado en O Val e San Mateo, por importe de 36.416,66 €. Ademáis, o Concello ten en proceso de contratación as obras correspondentes ó POS 2013, dotado cun orzamento de 595.867 € (dos que máis da metade se destinará á realización de obras novas, e o resto a mantemento viario). A elección das obras que se inclúen no POS faise logo de escoitar ás propostas elaboradas polas asociacións de veciños de cada parroquia, tal e como lembrou o Concelleiro de Obras Públicas, Angel Castro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal