Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 2.500 ALUMN@S PARTICIPARON NO XXIV CERTAME INTERCENTROS DE LINGUA GALEGA
A clausura e entrega de premios tivo lugar hoxe cunha gala celebrada no Auditorio Municipal.
Narón, 14 de Maio de 2013.- O Auditorio Municipal de Narón acolleu hoxe a clausura do XXIV Certame Intercentros, no que participaron preto de 2.550 escolares dos centros de ensino público de Narón –de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos-. Cada centro educativo asistiu á gala do Intercentros cunha representación aproximada de 35 nenos/as. Este ano o centro organizador foi o Colexio Rural Agrupado (CRA) de Narón, e o autor homenaxeado foi o escritor Roberto Vidal Bolaño, a quen se lle adican as Letras Galegas 2013. O Certame Intercentros premia os mellores traballos en lingua galega, en sete categorías, adaptadas ós distintos ciclos de ensinanza. En total, entregáronse 40 premios nas seguintes modalidades: -Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria: murais e expresión oral. -2º ciclo de Primaria: conto ilustrado e expresión oral. -3º ciclo de Primaria: conto, cómic e expresión oral. -ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos: narrativa, cómic, reportaxe radiofónica e xornalística, poesía, teatro escrito e expresión oral. A temática de todos estes traballos estivo relacionada coa realidade cultural galega. Ademáis, o Alcalde de Narón entregou unha mención especial á Asociación Graos de Luz (da rexión brasileña de LenÇois) coa que colabora a ONG Lena. José Manuel Blanco felicitou ós premiados, sen esquecer ós que non foron agasallados. “Quero felicitar a tódolos participantes, porque é importante gañar pero aínda é máis importante ter participado. E quero agradecer tamén ós máis de 40 pais e nais que teñen colaborado para poder desenvolver este concurso”, indicou. O Alcalde finalizou expresando o seu apoio incondicional “á ensinanza pública, especialmente agora nestos tempos nos que só vemos recortes. Dende o Concello de Narón seguiremos apostando por este modelo de ensinaza pública”; indicou o rexedor naronés. A gala do Certame Intercentros contou tamén cunha actuación teatral a cargo do grupo teatral ‘O Aturuxo de Melpómene’, saído da Escola de Teatro de Narón. O vindeiro ano, a organización do XXV Certame Intercentros recaerá no Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Ponte de Xuvia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal