Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REDESEÑA A WEB DE TURISMO PARA ADAPTALA A TÓDOLOS SOPORTES INFORMÁTICOS
A nova maquetación adáptase de xeito automático ao formato de pantalla de calqueira soporte (ordenadores, smartphones e tabletas dixitais).
Narón, 20 de Maio de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto, presentaron hoxe en rolda de prensa o novo aspecto estético da páxina web de Turismo, www.turnaron.es A principal novidade que incorpora este portal é a maquetación, que foi totalmente remodelada para facela máis accesible e dotala dun deseño máis limpo e funcional. Así, tense aplicado unha maquetación “responsive” que permite que o deseño, distribución e tamaño dos contidos se adapte de xeito automático ao formato de pantalla dende a que se accede ao portal web, independentemente do soporte informático que se empregue (xa sexa un smartphone, unha tableta ou diferentes tamaños de pantalla de ordenador). Con este cambio, a páxina web de turismo de Narón convírtese no primeiro portal web oficial de turismo municipal que adopta esta técnica en toda España. No deseño da maquetación seguíronse técnicas “cross-browser” (que fan o portal web accesible dende calquera navegador mantendo as dimensións en todos eles) e aplicouse un deseño limpo e ordenado, con tipoloxías de fácil lectura e cores que non distraesen a atención e permitisen focalizar ben a atención. En canto á estrutura da páxina, os contidos distribúense en bloques para facilitar o seu uso. Na parte superior está situado o menú de navegación, que se desprega para permitir un fácil uso. Debaixo, aparecen varias imaxes dos recursos turísticos de Narón (son fotografías pertencentes ó III Concurso de Fotografía Turística, convocado este ano polo Concello). A continuación, tres bloques facilitan o acceso á información esencial para o turista: cómo chegar a Narón, onde aloxarse e onde comer. O seguinte bloque de contidos fai unha presentación de propostas de ocio e eventos destacados, e por último, o bloque do corpo central da a benvida e permite o acceso a contidos descargables, coma o díptico informativo do Mosteiro do Couto, o rueiro de Narón, e a Guía de Turismo. Finalmente, o pé de páxina acolle datos de contacto e as derradeiras novas. A Concelleira de Turismo de Narón, María Rodríguez Porto, destacou a importancia da potenciación do turismo “como fonte de riqueza, posto que move calquera actividade económica. Por iso pensamos que era moi importante darlle un novo impulso a esta páxina, e así o temos feito”; declarou. Na mesma liña expresouse o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ó indicar que “Narón segue na senda de aplicar as novas tecnoloxías ós novos proxectos, e neste caso o Turismo. Queremos continuar promocionando o noso patrimonio, pero sen esquecer que seguimos apostando dentro da Mancomunidade, pola creación dun gran ente de turismo que represente ós 23 concellos desta zona”, sinalou o rexedor, engandindo que ata que esa empresa mixta de turismo sexa unha realidade, Narón “continuará promocionando a súa riqueza paisaxística e cultural”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal