Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O 11º ENCONTRO LOCAL DA MOCIDADE TERÁ LUGAR O VENRES 7 DE XUÑO EN A GÁNDARA
Está prevista a participación de máis de 350 mozos/as de Narón e doutros puntos da comarca e de Galicia.
Narón, 24 de Maio de 2013.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, está a ultimar a organización do 11º Encontro Local da Mocidade, que se celebrará o venres 7 de xuño (entre as 16:00 e as 00:00 horas). No caso de bo tempo, as actividades se realizarán no exterior (skatepark e arredores da Casa da Mocidade) e no caso de condicións metereolóxicas adversas, se levará a cabo no interior do pavillón da Casa da Mocidade (A Gándara). O Encontro Local da Mocidade ten como obxectivo crear espazos e lugares para o debate e a comunicación entre a mocidade, que permitan xerar estruturas organizativas, ben de novas asociacións ou de grupos organizados por intereses comúns. Está dirixido a mozos/as de 14 a 30 anos de idade –especialmente ós que estean entre os 16 e os 23 anos-. Está previsto superar a participación do ano pasado, no que se deron cita 350 mozos/as dos distintos barrios e parroquias do municipio e de outros concellos da bisbarra, e mesmo doutros puntos de Galicia. Organizaranse actividades musicais, artísticas, de ocupacións, deportivas, e de lecer. Nesta nova edición, se desenvolverán as seguintes actividades : De 16:00 a 19:00 h: -Obradorio de confección de malabares e exhibición. Grupo mozos/as afeccionado. Exterior: zona skatepark. -Obradoiro de patinaxe en liña. Sobre rodas patinaxe. Exterior: zona skatepark. -Obradoiro de Xogos de mesa. Rapaz afeccionado de Narón. Exterior: zona skatepark. - Obradoiro de abaloiros( confección de pulseiras e chaveiros). KM Complementos. Exterior: zona skatepark. -Obradoiro de tenis de mesa. Clube Narón Tenis de mesa. Interior do pavillón da Casa da Mocidade. -Obradoiro de “Flag Football”. Trasnos de Fene. Exterior do pavillón Casa da Mocidade. - Obradoiro de tiro con arco. Tiro con Arco Narón. Interior do pavillón da Casa da Mocidade. - Obradoiro de graffiti. Garffietrio “Ja” e alumnado da actividade extraescolar “Exprésate co Graffiti”. Exterior pavillón Casa da Mocidade. De 16:30 a 18:30 h: -Actuación dos grupos vocais xuvenís “ Os Anxos de Nelu” do I.E.S As Telleiras. -“Coro Solidarium” do I.E.S Terra de Trasancos. -“Cantar e Divertirse xuntos” da actividade extraescolar municipal. Escenario exterior Casa da Mocidade. De 18:00 a 21:00 h: -Obradoiro de customización de roupa. Nicanora. Exterior: zona skatepark. -Obradoiro de confección de camisetas graffiteadas. Dinamo xestión. Exterior: zona skatepark. De 19:00 a 21:00 h: -Exhibición de roller. Mozos/as afeccionados/as. No skatepark. -Actuación DJ SAMUK. Zona skatepark. De 21:00a 00:00 h: -Actuacións musicais Escola de Música Moderna municipal. -Actuación de grupo vocal municipal xuvenil e alumando da escola de música moderna. -Combo de alumnado de guitarra. -Actuación do grupo musical “Ergu Bai”. Escenario exterior Casa da Mocidade. De 16:00 a 00:00 h: -Exhibición de Graffiti. Mozos/as graffietiros de Narón e comarca. Grupo de alumnado da actividade extraescolar “Exprésate co graffiti”. Exterior pavillón Casa da Mocidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal