Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE RECIBÍU Á DIRECTIVA DE FERROL DO COLEXIO DE ARQUITECTOS DE GALICIA
Os técnicos presentáronlle unha proposta para a tramitación dixital de licencias de obras.
Narón, 25 de Maio de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, mantivo onte unha xuntanza coa Directiva de Ferrol do Colexio de Arquitectos de Galicia. Nesta reunión participaron o presidente, Ramón Montero Cereijo, o secretario, Santiago González Fernández, e o tesorero, José Romero Alonso. Tamén estivo presente o arquitecto municipal de Narón, Manuel Otero Souto. O motivo principal desta reunión foi a presentación da nova xunta directiva de Ferrol do Colexio de Arquitectos de Galicia. Na reunión tratáronse temas de importancia para a comarca, entre eles destaca a tramitación dixital de licencias a través da nova plataforma telemática do Colexio de Arquitectos. Esta proposta foi acollida con entusiasmo para o seu estudio por parte do Concello de Narón. A súa aplicación supondría unha actuación pioneira na comarca, que repercutiría nunha maior eficiencia nos prazos de tramitación e reducción de costes. Por outra banda, esta reunión trazáronse liñas de colaboración en materia de planeamento e asesoramento urbanístico.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal