Os técnicos presentáronlle unha proposta para a tramitación dixital de licencias de obras.
Narón, 25 de Maio de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, mantivo onte unha xuntanza coa Directiva de Ferrol do Colexio de Arquitectos de Galicia. Nesta reunión participaron o presidente, Ramón Montero Cereijo, o secretario, Santiago González Fernández, e o tesorero, José Romero Alonso. Tamén estivo presente o arquitecto municipal de Narón, Manuel Otero Souto.
O motivo principal desta reunión foi a presentación da nova xunta directiva de Ferrol do Colexio de Arquitectos de Galicia. Na reunión tratáronse temas de importancia para a comarca, entre eles destaca a tramitación dixital de licencias a través da nova plataforma telemática do Colexio de Arquitectos.
Esta proposta foi acollida con entusiasmo para o seu estudio por parte do Concello de Narón. A súa aplicación supondría unha actuación pioneira na comarca, que repercutiría nunha maior eficiencia nos prazos de tramitación e reducción de costes.
Por outra banda, esta reunión trazáronse liñas de colaboración en materia de planeamento e asesoramento urbanístico.