AS IV XORNADAS TÉCNICAS DO PEMENTO DO COUTO CELÉBRANSE O DÍA 7 DE XUÑO NO SALÓN DE ACTOS DA COOPERATIVA DE O VAL
Narón, 29 de Maio de 2013.- A Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mª del Mar Gómez, reuníuse hoxe no Concello con responsables da AVV de O Couto (Anselmo Beceiro, presidente), da Cooperativa de O Val (José Leira, xerente), e da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto (Enrique Gómez e Tomás Casal), para ultimar a organización das IV Xornadas Técnicas do Pemento do Couto, que se celebrarán o día 7 de xuño no salón de actos da Cooperativa de O Val. A entrada é libre e gratuita.
O programa destas IV Xornadas é o seguinte:
9.00 horas: Recepción de visitantes.
9.15 horas: Presentación oficial das xornadas polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco.
PRIMEIRA SESIÓN
9.30 horas: Conferencia sobre “Produción de plántulas de pemento do Couto en viveiro” a cargo de Santiago Galego Castro (representante de Viveiros Sinde)
10.15 horas: Conferencia sobre “Sistema experto de Xestión de Pragas” a cargo de Alejandro Casteleiro (responsable do departamento de I+D do Grupo Austen)
11.00 horas: Rogos e preguntas
VISITA TECNICA
11.15 horas: Visita ós invernadoiros de Sinde
12:00 horas: Pausa para café
SEGUNDA SESIÓN
12.30 horas: Charla sobre “A protección dos cultivos nun contexto de crises” por César Fernández Portal (Syngenta Agro S.A.)
13.15 horas: Charla de “Análises da variabilidade xenética en pementos de Galicia” por Cristina Silvar (Universidade de A Coruña)
14.00 horas: Rogos e preguntas
14.15 horas. Clausura oficial
Estas xornadas técnicas forman parte do programa da Festa do Pemento do Couto, cuxa festa gastronómica celebrarase o derradeiro fin de semana de xullo.