Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CELEBRADO O PRIMEIRO PLENO ORDINARIO DESTA LEXISLATURA
O pasado xoves día vinteseis de xullo celebrouse a primeira sesión plenaria ordinaria desta lexislatura que agora comeza.
No transcurso da mesma aprobouse a inclusión de diversas fincas no Inventario municipal de bens, co carácter de bens patrimoniais ou de propios; a autorización á Alcaldía do Concello para representar ao mesmo nunha Xunta de Accionistas da empresa mixta municipal de augas, COSMA, S.A. na que se decidirá a concertación dunha póliza de crédito que asegure liquidez á mercantil para o abono das obras que está a executar na zona rural de Narón e na parroquia de A Solaina. Tamén aprobouse a redacción definitiva da ordenanza reguladora do prezo público para o transporte adaptado para persoas dependentes, rexeitándos a alegación presentada polo grupo municipal do BNG sobre o devandito servizo. Este punto contou cos votos favorables dos representantes de TEGA, a abstencións dos membros do PP e os votos en contra do propio BNG e do PSdeG-PSOE. A Conta xeral do exercizo 2006, unha vez publicada e sen que houbera reclamacións, foi defintivamente ratificada. Finalmente adoptouse unha moción presentada polos nacionalistas sobre a non supresión do servizo de inspección educativa na comarca de Ferrolterra.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal