Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RESPALDO UNÁNIME DOS GRUPOS POLÍTICOS DE NARÓN ÁS DEMANDAS DA EMPRESA SIDERÚRXICA MEGASA
Solicitan a modificación da Lei de Consumo Eléctrico, que beneficia ás grandes empresas en detrimento doutras de menor tamaño. Esta situación xenera unha competencia desleal e podería levar ó peche de Megasa.
Narón, 6 de Xuño de 2013.- O Alcalde de Narón e os portavoces dos grupos políticos municipais (TEGA, PP, PSdeG-PSOE, BNG e Converxencia Galega) reuníronse hoxe co Comité de Empresa de Megasa, quen lles trasladou a difícil situación pola que está a atravesar esta fábrica, que podería estar condeada ó seu peche se non se modifica a lexislación vixente en materia de consumo eléctrico. Segundo informou o Alcalde de Narón, o Concello ten adoptado hoxe por unanimidade de tódolos grupos políticos os seguintes acordos: 1º Solicitar unha entrevista co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo (na que participaría o Alcalde, os portavoces dos partidos e o comité de empresa) para informarlle da gravidade da situación. 2º Convidar ó comité de empresa a participar na vindeira xuntanza da Mancomunidade de Municipios, prevista para o luns 10 de xuño, co fin de trasladar esta problemática ó resto de alcaldes dos concellos que integran a mancomunidade. 3º Redactar unha declaración institucional de apoio a Megasa, que se levará o vindeiro Pleno Ordinario do xoves día 27 de xuño. Ademáis destas medidas, o Alcalde de Narón ten enviado esta semana un escrito ó Ministro de Industria, Jose Manuel Soria, ó Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e ó Conselleiro de Industria, Francisco Conde, informándolles da situación da siderúrxica Megasa, que “é unha base fundamental da industrialización de Narón e da bisbarra en xeral, e está a sufrir unha discriminación frente a outras empresas pola tarifa eléctrica”, declarou Blanco. O rexedor expresou a súa disconformidade coa nova orde ministerial de consumo de enerxía eléctrica que bonifica -por interrumpir o consumo eléctrico en momentos de maior demanda doméstica- ás grandes empresas en detrimento doutras de menor tamaño como Megasa. “Non pode ser que dentro dun mesmo sector, unhas empresas xoguen cunhas vantaxes que outras non teñen” declarou José Manuel Blanco. Segundo comentou o Presidente do Comité de Empresa de Megasa, Carlos Bascoy, a modificación da factura eléctrica realizada o 27 de decembro de 2012 mediante orde ministerial “vulnera as condicións de igualdade e competencia na produción, ó favorecer ós grandes consumidores eléctricos”. Esta norma foi creada, segundo Bascoy “para evitar que grandes multinacionais se deslocalizasen”; apuntou. A nova lei permitiu a empresas como CELSA favorecerse dunha prima moi superior, logrando elaborar un produto artificialmente máis competitivo, vulnerando as condicións de igualdade e competencia na produción. Esta competencia desleal na bonificación da interrumpibilidade, pode traer como consecuencia a decisión de parar a fábrica indefinidamente e en breve espazo de tempo, tal e como asegurou a dirección de Megasa ós traballadores o pasado venres 7 de xuño. Esta situación afectaría a máis de 1.200 persoas (entre os 190 traballadores que forman a plantilla de Megasa, e os postos de traballo que préstanlle os seus servizos en Narón e comarca) ademáis dunha importante baixada do tráfico portuario, posto que Megasa é unha das principais empresas que operan aquí. A solución a este conflicto, tal e como apuntou Carlos Bascoy, pasa por revisar a orde ministerial que regula as desiguais bonificacións ás empresas eléctricas. “Esa sería a nosa única solución, e pedímoslle ó goberno da Xunta que defendan a esta empresa ó mesmo que defenderon a outras, porque Megasa é capital de traballo para nos e para a comarca”. Paralelamente ás solicitudes de reunión co Presidente da Xunta e co Conselleiro de Industria, o Comité de Empresa de Megasa levará a cabo outras accións, coma a súa participación na manifestación da Folga Comarcal prevista para o 12 de xuño, e unha concentración o día 14 frente ó edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal