Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÉXITO DE RECADACIÓN NO I DESFILE SOLIDARIO A BENEFICIO DAS ONG'S CÁRITAS E DIGNIDAD
Contabilizáronse máis de 600 kilos de alimentos, máis de 200 kilos de roupa e máis de 1.000 euros en metálico, a beneficio do Centro de Recursos Solidarios que xestionarán ambas ONG'S.
Narón, 1 de xullo de 2013.- O Auditorio da Praza de Galicia acolleu o pasado venres 28 de xullo o I Desfile Solidario, organizado polo Concello de Narón, a Facultade de Enfermería da Universidade de A Coruña, Cáritas e Dignidad, a beneficio do Centro de Recursos Solidarios de Narón (onde se centralizará toda a axuda das ONG’s Cáritas e Dignidad). A entrada era voluntaria, e consistíu na entrega de alimentos, roupa ou donativos. Unha vez feito o reconto, a recadación deste Desfile Solidario foi a seguinte: -630 kilos de alimentos -223 kilos de roupa -1.384 euros en metálico Baixo o lema ‘Juntos podemos’ este desfile levouse a cabo para recadar alimentos (principalmente leite, conservas, aceite e produtos de hixiene), roupa e donativos para axudar ós máis necesitados. A convocatoria foi un éxito, xa que ocupáronse as 382 localidades disponibles no Auditorio. O desfile constou de cinco bloques, nos que se viron diferentes estilos de moda na seguinte orde: 1º Sport 2º Casual 3ºFesta 4º Concello 5º Nupcial No apartado Concello desfilaron os seguintes representantes políticos municipais: José Manuel Blanco (Alcalde de Narón), Catalina García (Concelleira de Acción Social, conductora á súa vez do Desfile), Mª del Mar Gómez (Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Feiras e Mercados), María Rodríguez Porto (Concelleira de Turismo e Novas Tecnoloxías), Teresa Sabio (Concelleira de Promoción Social e Igualdade). Tamén subiron á pasarela tres funcionarios do Concello de Narón. Ademáis, desfilaron outras 70 persoas (nenos/as, mozos/as e adultos), entre voluntarios, usuarios, traballadores e socios de Dignidad e Cáritas,estudantes de Enfermería e cidadáns anónimos, que desexaron colaborar con esta causa. O evento contou coas seguintes actuacións musicais: -Grupo ‘Alén de Ancos’ (un gaiteiro e un guitarrista abriron e pecharon o desfile coa súa música) -Cantautor Miguel Castro (actuou, e puxo á venta o seu CD, doando a metade do que recadou ó Centro de Recursos Solidarios) -Bea García, cantante e show-woman (veciña de Xuvia. Interpretou dúas cancións do xénero cabaret)

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal