Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ACOLLERÁ A 13ª EDICIÓN DO 'FOUNDATION REGGAE FESTIVAL'
Celebrarase os días 23 e 24 de agosto, con música Reggae, Ska e World Music a cargo de bandas galegas e nacionais. Haberá actividades paralelas, para tódalas idades.
Narón, 27 de Xullo de 2013.- O Paseo Marítimo de Xuvia acollerá o venres 23 e sábado 24 de agosto o evento 'Foundation Reggae Festival' organizado pola asociación cultural coruñesa Negus, en colaboración co Concello de Narón. Trátase da primeira vez que a comarca de Ferrolterra acolle un festival musical, tal e como apuntaron dende esta asociación. Os organizadores mantiveron esta semana unha xuntanza de traballo co Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Festas e Ocio, Mª del Mar Gómez, na que se concretaron alguns aspectos deste festival, que cumprirá a súa 13ª edición neste ano 2013. En anos anteriores, o 'Foundation Reggae Festival' desenvolveuse no paseo marítimo de Culleredo e posteriormente no Coliseo de A Coruña. A organización do festival buscaba un recinto aberto, no que poder disfrutar da natureza e do medioambiente, e entón acudíu ó Concello de Narón, onde atopou respaldo institucional e un entorno privilexiado situado ó carón do río Xuvia. O 'Foundation Reggae Festival' desenvolverase de forma anual, durante os vindeiros tres anos, no paseo marítimo de Xuvia, con entrada libre. Nesta 13ª edición haberá música Reggae, Ska e World Music, e participarán bandas galegas e nacionais. Este evento ten como principal obxectivo promover e difundir a cultura no seu sentido máis amplo, ofrecendo o seu espazo á artesanía, á pintura e á danza, ademáis das músicas. Dentro deste festival tamén terán cabida os obradoiros para nenos/as, actividades, xogos, feira de artesanía e mercadillos. Para ampliar esta información, pódese consultar a web do festival: www.foundationreggaefestival.org

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal