Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACIÓN AFAL PROXECTA ABRIR UN CENTRO DE DÍA PARA ENFERMOS DE ALZHEIMER EN NARÓN
A presidenta desta entidade reuníuse co Alcalde de Narón para presentarlle a idea, que conta co respaldo do Concello.
Narón, 25 de Outubro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ven de reunirse coa presidenta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ferrolterra (AFAL), Milagros Prieto, no marco dunha visita institucional valorada positivamente dende a alcaldía. A presidenta desta entidade presentoulle ó Alcalde unha proposta de creación dunha delegación de AFAL en Narón, para dar servizo ós usuarios deste municipio e tamén dos concellos limítrofes. Cabe lembrar que AFAL atende actualmente nos dous centros que xestiona en Ferrol a un total de 87 usuarios, dos cales o 30% aproximadamente son veciños de Narón. Na actualidade existe lista de espera para acceder a ambos centros. A nova sucursal de AFAL en Narón estaría ubicada na Estrada de Castela -na zona do Alto do Castiñeiro- e sería un centro específico de atención a persoas con Alzheimer, para dar servizo a 30 usuarios. Actualmente a entidade está a redactar o proxecto deste novo centro de día, e dende o Concello de Narón se intentará apoiar o mesmo, tal e como indicou José Manuel Blanco. Ó igual que nos outros dous centros (ubicados na rúa Rio Castro e na Casa do Mar) funcionaría con comedor e transporte adaptado para os usuarios. Pero a diferencia dos actuais, este centro tería tamén un xardín terapeutico. Ademáis, AFAL pretende abrir a delegación a outras persoas, ofrecéndolles Cursos de Memoria. AFAL e o Concello de Narón estudiarán tamén a posibilidade de colaborar noutros proxectos, relacionados coa enfermidade do Alzheimer.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal