CONCENTRACIÓN DE FUNCIONARIOS E MEMBROS DO GOBERNO MUNICIPAL DE NARÓN CONTRA A LEI DE REFORMA LOCAL
A nova norma, en fase de tramitación, obrigará a recortar os servizos públicos que prestan as administracións locais.
Narón, 30 de Outubro de 2013.- Representantes do goberno municipal de Narón e funcionarios e persoal laboral deste Concello secundaron hoxe unha concentración contra a Lei de Reforma Local que está a promover o Goberno Central. A cita foi na Praza de Galicia, fronte á Casa do Concello.
Ademáis, coa finalidade de informar e intercambiar opinións sobre este tema, hoxe ás 20:00 horas no sótano da Biblioteca Municipal do Alto haberá unha reunión promovida polo “Colectivo Narón Mobilízate” á que están convocadas persoas das empresas adxudicatarias dos servizos que se verán afectadas pola nova lei, empregados públicos, empresarios do sector e movemento cidadá, así coma toda aquela persoa que queira sumarse. Será un encontro participativo, no que se ofrecerá información sobre as consecuencias que poderá traer esta nova lei á hora de aplicala nos concellos.