Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE DOSO CELEBRA A 16ª EDICIÓN DA RECREACIÓN DA ESFOLLA TRADICIONAL
Será o sábado 9 de novembro a partires das 17:30 horas. Convídase a tódala veciñanza a participar nesta actividade tradicional.
Narón, 08 de Novembro de 2013.- A parroquia de Doso acollerá mañá sábado a 16ª edición da Recreación da Esfolla Tradicional, na que poderán participar tódolos veciños/as de Narón, a partires das 17:00 horas. Trátase dunha actividade promovida polo Padroado de Cultura do Concello de Narón, en colaboración coa AVV A Naveira de Doso. O programa deste festexo inclúe as seguintes actividades: -Recibimento da comitiva dos carros de maínzo (dous carros cargados de maínzo sairán do rueiro da Braña e de Cousa, acompañados de grupos etnográficos, para chegar ó tempo ó pe da pista polideportiva de Doso, onde serán recibidos polos bailes e a música dos Grupos do Padroado da Cultura). -Exposición e obradoiro de bonecos de maínzo (exporanse os bonecos realizados por escolares de Educación Primaria dos colexios de Narón. Ademáis, haberá un obradoiro de construcción de figuras tradicionais a partir da folla do maínzo, tal e como se facía nas casas labregas de Galicia para enredo dos máis pequenos.) -Música e danza tradicional. -Esfolla do maínzo (unha vez descargado o maínzo, os máis vellos do lugar inauguran a esfolla coma homenaxe á labor feita na salvagarda desta tradición) -Obradoiro de bolas da sartén (nenos e adultos poden participar facendo a súa bola). -Concurso de sobremesas (realízase por tercer ano o concurso de sobremesas no que participa a veiciñanza de Doso, e que logo se reparten entre os asistentes á Esfolla). -Actuación do grupo “Pesdelán”. Ademáis, a AVV A Naveira de Doso convidará a todos/as asistentes a castañas e a una chocolatada popular.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal