Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS
A administración local achegará un total de 15.000 euros para actividades relacionadas coa promoción social de persoas con diversidade funcional.
Narón, 18 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM), Angel Gárate, asinaron hoxe un convenio de colaboración, acompañados da Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio. O acordo ten unha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2013) e a finalidade do mesmo é o desenvolvemento por parte da ASCM, de programas a prol das persoas con discapacidade residentes en Narón. Ademáis, con carácter específico, garantizarase ás persoas con algún grao de dependencia, a máxima integración e acceso normalizado aos servizos e recursos sociais do seu contorno, a través dun programa de transporte adaptado para favorecer a súa mobilidade. En concreto, os obxectivos específicos deste convenio son os seguintes: -Cooperación co Concello para a atención de persoas con discapacidade. -Organización de actividades formativas para a súa inserción social e laboral -Programas socioeducativos e socioculturais. -Disposición dun transporte adaptado que favoreza a organización da vida cotiá das persoas con diversidade funcional. O presidente da ASCM agradeceu ó Concello o esforzo que supón manter un convenio destas características nos tempos actuais, mentres que o Alcalde confirmoulle a continuidade da colaboración no ano 2014.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal