Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTAS AS PLICAS PARA A XESTIÓN DA NOVA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
Na mañá de hoxe, dez de agosto de 2007, procedeuse pola mesa de contratación, á apertura das plicas presentadas polos licitadores participantes no concurso convocado para a xestión da nova escola infantil municipal de A Gándara.
Dúas foron finalmente as ofertas admitidas, posto que a presentada por FESAN resultou rexeitada por non facer constar certos criterios de solvencia esixidos no prego de cláusulas administrativas que rixen este proceso concursal. CLECE S.A. e EUXA S.L. son pois as posibles adxudicatarias desta xestión. Resta agora a emisión polos servizos sociocomunitarios municipais, dun informe que valore a totalidade dos aspectos contemplados no prego aprobado neste expediente e que son os seguintes: 1.- Canon demanial a abonar ó Concello: 20 Puntos 2.- Calidade do proxecto, presentado pola empresa de xestión, organización e funcionamento do servizo: 60 puntos  Organización e dotación de recursos humanos e cualificación, idóneas características da formación ou experiencia acreditada en dispositivos similares, e categorías de contratación dos profesionais. Ata 15 puntos  Prestación de servizos extraescolares e servizos complementarios, no seu caso, con distribución de xornadas laborais optimizadas sen poñer en perigo a concesión, e cós máximos niveis de contratación. Ata 10 puntos  Secuencia planificada de mantemento, limpeza e conservación de instalacións, edificacións de equipamentos e mobiliario Ata 10 puntos  Organización e estrutura interna de prevención e saúde laboral, procedementos de excelencia e plans de emerxencia, evacuación, e autoprotección Ata 5 puntos  Programa de difusión, divulgación e imaxe corporativa de Narón e da “Escola Infantil Municipal de A Gándara,” Ata 5 puntos  Proxecto educativo e curricular que configura o Plan de centro contendo ós mínimos esixidos e identificando as melloras. Ata 15 puntos 3.- Melloras presentadas ó abeiro do establecido no artigo 20.2 deste prego 20 ...... Puntos

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal