Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE FESTAS DE NADAL 2013
Haberá unha gran Festa de Fin de Ano, a V Xornada Moteira Solidaria, o Mercado de 2ª Man, e un Mercado de Reis.
Narón, 18 de Decembro de 2013.- A Concelleira de Festas de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou hoxe en rolda de prensa as Festas de Nadal 2013, acompañada pola Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, e a directiva do Motoclub Fojeteiros, (Carmen Alvariño –vocal-, José López Quintián –presidente- e Rafael Feijoó –xefe de rutas-). A programación de festas comenzará este sábado 21 de decembro, coa celebración da V Xornada Moteira Solidaria “Fojeteiros 2013” e o III Concurso de Debuxo Infantil de Nadal. Trátase dun evento que ten como obxectivo principal coordinar unha recollida de alimentos non perecedeiros e xoguetes usados, que por segundo ano consecutivo entregaranse ó Centro de Recursos Solidarios de Narón. A Concelleira de Acción Social, Catalina García, agradeceu ó Motoclub Fojeteiros “que poñan o seu granito de arena para que moitas familias poidan pasar estas festas o mellor posible”; sinalou a edil respecto á colaboración que ven realizando esta asociación coas ONG’s Cáritas e Dignidad, que xestionan o Centro de Recursos Solidarios. Este evento conta coa colaboración do Concello de Narón, a Policía Local e a agrupación de Protección Civil. Os establecementos e locais nos que se poden entregar os alimentos e xoguetes para a súa posterior donación son: Mi nene ropa infantil (Xuvia), Prado Marquetería (Freixeiro), Perfumería Ébano (Santa Icía), Cosmigan (A Gándara), Optica A Gándara (A Gándara), Calzados Mara (O Alto), Colexio Virxe do Mar, Centro de Maiores de O Val, Asociación de Veciños de O Alto, e na Praza de Galicia durante a tarde do sábado 21. O programa da V Xornada Moteira Solidaria é o seguinte: -16:00 horas: Ruta moteira por Narón, encabezada por Papa Noel e seguida da caravana moteira. -17:00 horas: Chegada de Papa Noel á Praza de Galicia, onde se instalará unha tarima para que os nenos poidan facerlle as súas peticións. -Actividades na tarde: Actuación do Club de baile deportivo de Narón, Zumba a cargo de Revolution Fitness Center, Demostración da Unidade Canina do Tercio Norte, Actuación da Escola Salsa Nova, e entrega de premios do III Concurso de Debuxo do Nadal. -Durante toda a tarde haberá un circuito de karts e correpasillos promovido polo equipo de Educación Vial do Concello de Narón. O domingo 22 de decembro continuarán as actividades programadas para o Nadal coa celebración do III Mercado de 2ª Man, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas en Sedes. Por primeira vez, ampliarase a superficie de venta incluíndo as dúas naves do recinto Feiral do Trece, albergando así máis de 100 expositores. Ademáis, haberá un posto de recollida de xoguetes, roupa e calzado e alimentos que se donarán ó Centro de Recursos Solidarios. Os visitantes poderán contemplar unha colección de radios antigas, propiedade de Francisco López Carreira. Ademáis, a Concellería de Feiras e Mercados de Narón sorteará 4 cestas de Nadal (dúas pola mañá e outras dúas pola tarde) entre os asistentes. A entrada é gratuita. Para despedir o ano 2013 e dar a benvida ó 2014, o Concello organizará unha gran Festa de Fin de Ano na Praza de Galicia, con entrada de balde. Unha carpa de 1.400 metros cadrados albergará no seu interior dous escenarios, onde actuarán unha orquesta e tres DJ’s respectivamente. O aforo para esta festa é limitado. Haberá servizo de roupeiro, barras, e unha zona de descanso con cadeiras e sillas. As actuacións musicais correrán a cargo da Orquesta Fania Blanco Show (ás 00:30 horas) e DJ Donper e Imperium Road Show (a partires das 03:30). Estos últimos pincharán música dos anos 80 e 90. Ademáis, este ano a iluminación terá unha importancia especial na noite de Fin de Ano. Dende a Praza de Galicia, proxectarase un cañón de luz cunha lonxitude de 5 kilómetros de altura, que se poderá ver dende toda a comarca. E unha das fachadas do Concello se empregará como pantalla xigante para proxectar imaxes, que se poderán ver dende a Estrada de Castela. Para por o broche de ouro desta Festa de Fin de Ano, haberá unha sesión de Fogos de Artificio sobre as 01:00 horas. Para principar o ano 2014, a Praza de Galicia acollerá un “Mercado de Reis” os días 3, 4, 5 e 6 de xaneiro. Haberá exposición e venta de artesanía e alimentación, ademáis de actividades de ocio. Aínda está aberto o prazo para participar, así que os artesáns interesados poden contactar coa empresa organizadora (“Los Templarios eventos”) no teléfono 622 295 189. A Concelleira de Festas, Mª del Mar Gómez, convidou a tódolos naroneses e naronesas a participar na programación de Festas de Nadal 2013, cuxas actividades son totalmente gratuitas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal