O Alcalde e a Concelleira de Participación Cidadá recibiron á nova dirección desta entidade veciñal, que levaba anos sen ter representación.
Narón, 28 de Xaneiro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recibiron hoxe no Concello á nova directiva da Asociación de Veciños de O Feal.
Esta nova agrupación foi constituída a finais de decembro de 2013, logo de que a asociación pasase varios anos sen ter xente ó seu fronte. Os novos encargados de reflotala e de organizar actividades son as seguintes persoas:
Presidente: Borja Barcia.
Vicepresidente: Margaret Vilas.
Secretaria: Raquel Lamas.
Tesorera: Mónica Vilas.
Vocais: Daniel Vilas, Juan Prados, Amador Vilas, Fernando López e Ana Belén Vilas.