Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O 10 DE FEBREIRO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO FESTIVAL DE COMPARSAS 2014
O Entroido celebrarase o sábado 1 de marzo no Pazo da Cultura.
Narón, 4 de Febreiro de 2014.- O Padroado da Cultura do Concello de Narón, dirixido polo edil Guillermo Sánchez Fojo, está a ultimar os preparativos para a celebración do Entroido 2014. As comparsas interesadas en participar poderán inscribirse do 10 de Febreiro ó 14 de Febreiro, en horario de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 no Pazo da Cultura. Poderán inscribirse un máximo de 7 comparsas de Narón e 3 de fora deste Concello. No momento da inscrición, as comparsas deberán presentar 6 copias das letras a interpretar e os datos persoais do representante da comparsa. A selección das comparsas participantes farase por estricta orde de inscripción. No caso de non cubrirse o cupo de comparsas de Narón, poderá cubrirse con comparsas de fóra, e viceversa, sempre que a organización o estime oportuno. O Padroado resérvase a posibilidade de convidar algunha outra comparsa, tanto de Narón como de fóra, compromenténdose ésta a participar únicamente nos actos do Día do Entroido en Narón. Tódalas comparsas participantes no festival farán o percorrido dende a Pavillón da Mocidade ata a Pazo da Cultura, a pé, o sábado día 1 de Marzo, sendo a saída conxunta ás 17:30 horas. De seguido, celebrarase o Festival de Comparsas neste auditorio. Cada comparsa disporá dun tempo máximo de 10 minutos para actuar nos que, co bo humor, fará crítica de todo o que nos trouxo o ano 2013. As letras a interpretar polas comparsas falarán, obrigatoriamente, de temas locais de Narón, sendo o idioma a empregar: o galego. Cada comparsa estará formada por un mínimo de 15 membros que deberán ser, na súa maioría, persoas de máis de 14 anos. Tódalas comparsas participantes no festival e que sexan de Narón (enténdese por comparsas de Narón, aquelas en que, como mínimo, o 75% dos seus compoñentes residan en Narón. Dato éste que poderá ser comprobado pola organización), terán a obriga de facer unha actuación na súa parroquia e outra en calquera outra parroquia do Concello, con percorrido se é posible. O Padroado da Cultura asignará unha axuda económica a tódalas comparsas participantes, coa seguinte contía: Comparsas de fóra de Narón ....................................... 250 € Comparsas convidadas ............................................... 250 € Comparsas de Narón ................................................... 500 € Establécense os seguintes premios: 1º, 2º e 3º Premio. Éstes consistirán nunha figura, recordo do Día do Entroido. Para o outorgamento dos premios, por parte do xurado designado polo Padroado, terase en conta: a) A orixinalidade dos disfraces. b) O inxenio da crítica feita na actuación. c) A calidade musical. d) A súa contribución á recuperación do Entroido en Galicia. Para asistir como público ó Festival de Comparsas, poderán retirarse as invitacións (gratuitas) nas billeteiras do Pazo da Cultura, a partir do luns 24 de febreiro, en horario de 10:30 a 14:00 e de 18:00 a 20:30 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal