Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASINA CATRO CONVENIOS CON CENTROS PÚBLICOS PARA FACILITAR O SERVIZO DE ALMORZOS ESCOLARES
Os acordos asináronse coa ANPA do CEIP A Solaina, ANPA do CEIP A Gándara, e as direccións do CPI O Feal e do CEIP Virxe do Mar. O Concello investirá perto de 30.000€ neste servizo, do que poderán beneficiarse máis dun centenar de escolares.
Narón, 6 de Febreiro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado da Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, asinou hoxe catro convenios de colaboración para a posta en marcha do Programa de Educación para a Saúde-Nutrición Escolar. En representación dos colexios nos que se imparte este programa, asinaron o acordo: -Victor Novo Carballeira (director do CPI O Feal) -Joaquín Rodríguez Bermúdez (presidente da ANPA do CEIP de A Solaina) -Manuel Baptista Sueiras (presidente da ANPA “A Buxaina” do CEIP A Gándara) -Mar Couceiro López (directora do CEIP Virxe do Mar) O Concello de Narón destinará un total de 27.364€ ó desenvolvemento deste programa de carácter anual, repartido da seguinte maneira: CEIP A Solaina: 6.600€ (25 prazas) CEIP A Gándara: 12.936 € (49 prazas) CPI O Feal: 3.914€ (15 prazas) CEIP Virxe do Mar: 3.914€ (15 prazas) Este programa ten os seguintes obxectivos: -Mellorar a nutrición infantil (en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos) en períodos matutinos. Desenvólvese entre as 7:30 e as 9:00 horas, de luns a venres, nestes catro centros (que dispoñen tamén de servizo de comedor escolar). -Crear hábitos de hixiene buco-dental. -Crear hábitos de inxesta de menús de almorzos equilibrados e suficientes. -Practicar destrezas e habilidades relacionais por medio de xogos cooperativos. -Permitir a conciliación da vida familiar coa realidade social e laboral. Tal e como recordou hoxe o Alcalde, o Concello de Narón estivo a loitar nos últimos tres anos para que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia asumise os servizos de almorzo e xantar nos catro centros escolares públicos de Narón que o viñan prestando. Durante este tempo, as ANPAS e o Concello tiveron que facerse cargo deste servizo, a pesares de non ser a súa competencia. Unha vez conseguido que a Xunta de Galicia se ocupe da xestión dos comedores no actual curso escolar, o Concello tivo que facer fronte ó problema do servizo de almorzos escolares, que quedaban sen atender por parte do goberno autonómico. Por ese motivo, ideouse este programa en colaboración coas direccións dos colexios e as asociacións de pais e nais de alumnos/as. José Manuel Blanco e Mª del Carmen Espada quixeron agradecer á comunidade educativa escolar a súa disposición á hora de colaborar neste servizo. “Sen a súa axuda non sería posible dispor do servizo de almorzo, que por outra parte é un servizo imprescindible para moitos pais e nais para conciliar a vida familiar e laboral”, recalcou o Alcalde, asegurando que “continuaremos insistindo para que a Xunta de Galicia se faga cargo deste servizo”. O convenio estará vixente ata o 31 de decembro de 2014.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal