Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ZONA DA FINCA DOPICO (A GÁNDARA) MELLORA A SÚA ILUMINACIÓN, GRAZAS Á SUBSTITUCIÓN DAS LÁMPARAS DE SODIO POR LUCES LED
A nova iluminación aporta maior visibilidade e aforra o consumo de enerxía eléctrica.
Narón, 6 de Febreiro de 2014.- A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, ven de implantar un novo sistema de alumeado público na zona coñecida como “Finca Dopico”, no barrio de A Gándara, e que comprende as seguintes rúas: Finca Dopico, Losada Diéguez, Armando Cotarelo, Luis Pimentel, e Alfonso X O Sabio. Nestas cinco rúas téñense substituídos os 23 puntos de luz de sodio por luces LED, que xa funcionan dende o pasado Nadal, e que supoñen un aforro enerxético importante, ademáis de proporcionar maior visibilidade ás rúas. O Concello de Narón ten investido 17.500 € nesta actuación. As luces LED teñen unha durabilidade maior que as tradicionais luces de sodio, proporcionan unha luz máis intensa e traerán consigo un aforro enerxético do 40% anual do custo eléctrico. As lámpadas de sodio de alta presión teñen unha duración aproximada de 12.000 horas, fronte ás 50.000 horas das luces LED. Con isto evítanse 4 reposicións de lámpadas, o que conleva un aforro de 2.500€ anuais en luces. Entre as súas características, estas luces son estancas á suciedade, son antivandálicas, posúen dobre aislamento e teñen unha garantía de 10 anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal