Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN RECIBE UNHA AXUDA DE 5.000 EUROS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS
O Concello recibíu unha comunicación da Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia na que se concede unha subvención de cinco mil euros para actividades culturais.
A Xunta de Goberno local do concello naronés, en sesión celebrada o dezanove de abril deste ano, acordou solicitar - á vista da Orde do 26 de febreiro de 2007, da Consellería de Cultura e Deporte, publicada no D.O.G. nº 51 do día 13 de marzo de 2007, pola que se convocan subvencións para os concellos con menos de 50.0000 habitantes e as súas entidades públicas con personalidade xurídica propia para a realización de actividades culturais, así como da programación municipal nesta materia elaborada polo Servizo Sociocomunitario -, unha subvención para a programación de actividades culturais denominada “Didáctica do patrimonio cultural 2007”, de acordo co seguinte cadro de financiamento: Actividades culturais. Didáctica do patrimonio cultural 2007 Importe da subvención solicitada á Consellería 30.000 euros Achega do Concello de Narón 86.840 euros Importe total do programa 116.840 euros Dos trinta mil euros solicitados únicamente se concederon cinco mil euros debendo o Concello sufragar esa diferenza.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal