Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS PORTAVOCES MUNICIPAIS DO CONCELLO DE NARÓN RECIBEN Á NOVA DIRECTIVA DO CLUB CIDADE DE NARÓN DE FÚTBOL SALA
O novo presidente é Ramón Padín, que sustitúe no cargo a Miguel Rodríguez Aneiros.
Narón, 20 de Febreiro de 2014.- A nova directiva do clube Cidade de Narón de Fútbol Sala (Futsal) mantivo hoxe un encontro co Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e os portavoces dos grupos políticos municipais (Guillermo Sánchez Fojo –TEGA-, Pablo Villamar –BNG-, Catalina García –PSOE- e María Rodríguez Porto –Converxencia Galega). O grupo do PP tamén estaba convidado aínda que non asistíu. Esta xuntanza foi unha presentación pública dos novos membros do Cidade de Narón de Futsal, a maioría dos cales proceden xa da anterior xunta directiva. Asume a presidencia Ramón Padín, substituíndo no cargo a Miguel Rodríguez Aneiros, quen volta ó mundo da política. Forman parte da mesma un total de 7 membros dos cales cinco xa estaban na anterior e dous son novas incorporacións (*): Presidente: Ramón Padín Director deportivo: Tomás Llao Secretario: Bernardo González (*) Tesorero: José Luis López Vocais: Mari Carmen Caballero, Avelino Cinza e Antonio Castro (*) O presidente do Cidade de Narón de Futsal, Ramón Padín, agradeceu ó Concello de Narón a labor que ven realizando ó longo do tempo no fomento e no apoio do deporte. De feito, actualmente neste club hai moitos xogadores de Narón, e catro deles proceden das categorías de base. A nivel deportivo, o obxectivo do club “e chegar o máis alto que poidamos, pero sempre reforzando a base e tendo os pes no chan” declarou o presidente. “Levamos sete temporadas en 2ª B e estamos estabilizados, imos de primeiros e agardamos xogar o Play Off e se pode ser, gañalo” engadiu Ramón Padín. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asegurou que o Cidade de Narón de Fútbol Sala é un dos referentes do deporte en Narón e polo tanto “ides contar con nos dentro das nosas posibilidades, e queremos que sigades levando o nome de Narón polo mundo” indicou.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es