Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS DOS TRES CURSOS DO PLAN AFD 2013
Corresponden ás Accións Formativas de Axuda a Domicilio, Axuda a Dependentes e Carpintería. Os cursos teñen xa unha inserción laboral superior ó 50%.
Narón, 27 de Marzo de 2014.- O Concello de Narón acolleu hoxe o acto de entrega dos diplomas do Programa Accións Formativas para Desempregados (AFD) 2013 da Xunta de Galicia. A delegada territorial da Xunta, Belén Docampo, participou na entrega de diplomas xunto co Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez. En total entregáronse 44 diplomas, correspondentes ós tres cursos AFD desenvolvidos no segundo semestre do ano 2013: -Curso de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio. Celebrado do 01-07-2013 ó 21-11-2013. 618 horas de formación 15 alumnos/as recibiron diploma, e 9 deles atoparon traballo. -Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Celebrado do 08-07-2013 ó 12-11-2013. 468 horas de formación 15 alumnos/as recibiron diploma, e 11 deles atoparon traballo. -Curso de Montaxe de mobles e elementos de carpintería. Celebrado do 03-07-2013 ó 13-11-2013. 538 horas de formación 14 alumnos/as recibiron diploma, e 1 deles atopou traballo. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou a importancia da colaboración entre institucións para poder desenvolver iniciativas coma ésta, que contou cun orzamento de 164.607 €. Tendo en conta a taxa de inserción destos cursos e as necesidades do mercado laboral actual, o Concello solicitou para este ano 2014 os tres mesmos cursos desenvolvidos no ano 2013. O rexedor explicou que actualmente a tasa de inserción destos cursos ronda o 50%, o cal é importantísimo tendo en conta que en Narón o índice de desemprego acércase ós 4.800 demandantes. “As administracións temos que facer o posible para contribuir a reducir esa cifra, e creemos que o mellor que podemos ofrecer á poboación é precisamente darlle formación, porque para atopar hoxe un traballo hai que estar ben formado” asegurou José Manuel Blanco. O Alcalde tamén lembrou que no Concello de Narón existe un Servizo de Orientación Laboral, e unha Técnica de Emprego para axudar ós demandantes de emprego a completar su perfil laboral e buscar posibles nichos de emprego e incluso autoemprego. Pola súa banda, a Delegada Territorial da Xunta destacou a importancia dos cursos AFD xa que os alumnos reciben a través deles “unha acreditación teórica e práctica, e son recoñecidos tamén fora de Galicia. Os beneficiarios están a recibir unha formación de calidade, e orientada ó mercado laboral”, indicou Belén Docampo, quen confirmou a intención da Xunta de Galicia de “continuar realizando estos cursos, e mesmo incrementar o orzamento para desenvolvelos”.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es