Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ACTIVIDADES INFANTÍS NA BIBLIOTECA PARA DIFUNDIR A FIGURA DE DÍAZ CASTRO, AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2014
Terán lugar o luns 12 de maio e para participar é necesario inscribirse previamente. Haberá un contacontos e un obradoiro de pintura e creatividade literaria.
Narón, 1 de Maio de 2014.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón (dependente da Concellería de Ensino, que dirixe Mª del Carmen Espada) ven de organizar dous actividades para dar a coñecer ós máis pequenos a figura de Xosé María Díaz Castro –autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014-. Ambas iniciativas celebraranse o luns 12 de maio na Biblioteca Municipal de Narón, en horario de tarde e con entrada libre. É preciso reservar praza a partires do luns 5 de maio ás 16:00 horas, na propia Biblioteca ou ven no teléfono 981 38 21 73. As actividades programadas son as seguintes: -Contacontos “O neno e a estrela” (de 18:00 a 18:30 horas) -Obradoiro “Renova a camisola” (de 19:00 a 20:30 horas) A narración oral “O neno e a estrela” está dirixida a nenos/as de 3 a 6 anos, e recolle as aventuras e trasnadas do pequeño Díaz Castro a partir de motivos recorrentes na súa obra Nimbos. Ademáis presenta o contorno natural e patrimonial onde transcorreu a infancia do poeta. A actividade “Renova a camisola con Díaz Castro” consiste nun obradoiro de pintura e creatividade literaria sobre camisolas, dirixido ó alumnado de entre 7 e 12 anos. Para esta actividade, pídese ós participantes que traian unha camisola vella, para reciclala. Non obstante, disporase de camisolas para facilitalas a aqueles rapaces e rapazas que non dispoñan de ningunha axeitada para esta actividade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal