Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE AUXILIAR DE MONITOR DE TEMPO LIBRE, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN HISPANO-ECUATORIANA RUMIÑAHUI
A Concelleira de Acción Social, Catalina García, entregou os certificados deste curso, no que participaron 13 persoas de diferentes nacionalidades.
Narón, 6 de Maio de 2014.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, entregou hoxe os diplomas correspondentes ó ‘Curso de Auxiliar de Monitor de Tempo Libre’, organizado pola Asociación Hispano-Ecuatoriana Rumiñahui, entidade coa que o Concello de Narón ten un convenio de colaboración. O curso foi desenvolvido no mes de decembro de 2013, no sótano da Biblioteca Municipal do Alto, cun total de 40 horas de duración. Participaron 13 alumnos/as de diversas nacionalidades (Ecuatorianos, Senegaleses, Cubanos e Colombianos) e foi impartido pola delegada da Asociación Rumiñahui en Ferrolterra, Soledad Lucero. Ó longo deste tempo, os asistentes recibiron formación en pedagoxía e psicoloxía infantil nas diferentes etapas do neno/a, ademais de destrezas en globoflexia, manualidades e xogos do mundo. O curso serviu para potenciar as habilidades que teñen estas persoas, co fin de permitirlles unha integración real no mercado laboral.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal