Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALA MEDIDORES DE ALTURA NOS COLEXIOS DE NARÓN PARA QUE OS ESCOLARES COMPROBEN CÓMO DEBEN IR SENTADOS NOS VEHÍCULOS
Téñense colocado 14 elementos repartidos entre os colexios de Infantil e Primaria de Narón.
Narón, 6 de Maio de 2014.- O Concello de Narón, a través do Equipo de Educación Vial, ven de instalar Medidores de Altura en tódolos colexios de Educación Infantil e Primaria de Narón (14 en total, contando os centros públicos, os concertados e os colexios rurais agrupados). Ademáis, tense instalado outro medidor na propia Casa Consistorial. Trátase dun panel informativo de metacrilato, no que os nenos/as poderán medirse e informarse sobre ónde e cómo teñen que ir sentados nos automóviles. Tamén poderán usalos as nais e pais, para que saiban en todo momento qué tipo de sistema de retención infantil é o máis axeitado para ós seus fillos/as. A instalación destes dispositivos forma parte dunha campaña informativa posta en marcha dende a Concellería de Seguridade Cidadá de Narón, dirixida polo edil Guillermo Sánchez Fojo, que ten como obxectivo a redución dos accidentes de tráfico. Outras accións que contempla esta campaña son o desenvolvemento dunha serie de Charlas informativas, sobre as modificacións da Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial (lei que entrará en vigor o vindeiro 9 de maio) . Estas conferencias están dirixidas a tódalas persoas que desexen participar (nais, pais, avós, familiares…) e nas mesmas informarase sobre as modificacións desta lei que afectan á vida diaria nas estradas, coma a obriga de levar no vehículo o sistema de retención infantil axeitado para cada pasaxeiro infantil. Tamén se ofrecerán Charlas dirixidas á 3ª Idade nas que se detallarán as Normas e consellos para camiñar con seguridade. Paralelamente, a Policía Local ten iniciado unha campaña de sensibilización dirixida ós peóns a través do reparto dun decálogo de “Normas xerais para a circulación de peóns pola vía pública” en diferentes puntos da Estrada de Castela.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal