Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVA EDICIÓN DO PLAN DE FORMACIÓN A AUTÓNOMOS, PEMES E PEQUENO COMERCIO DE NARÓN 2014
Está organizado polo Concello de Narón e a Asociación de Comerciantes. A derradeira conferencia se celebra o xoves 12 de xuño, no Café Teatro do Pazo da Cultura, con entrada libre.
Narón, 9 de xuño de 2014.- A Concellería de Promoción Económica de Narón, dirixida polo edil Pablo Villamar, e a Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), presidida por Olga Ameneiro, organizan a 2ª edición do Plan de Formación a Autónomos, PEMES e Pequeno Comercio de Narón. Trátase de dúas xornadas de formación, nas que se abordan temas relacionados con Internet e a mercadotecnia. As charlas desenvólvense no Café Teatro do Pazo da Cultura, a partires das 20:45 horas, con entrada libre. Ambas estarán presentadas por Pablo Villamar e Olga Ameneiro. A primeira delas celebrouse o xoves 22 de maio, baixo o título “Conecta o teu negocio a Internet”. Foi impartida por Ana Vidal Castro, formadora e emprendedora en Internet. A segunda das charlas se desenvolverá o xoves 12 de xuño, baixo o título “Ferramentas imprescindibles para a pequena empresa: imaxe de marca e mercadotecnia estratéxica”. A relatora será Anabel Valera Formoso, deseñadora con experiencia profesional no sector das Artes Gráficas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal