Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA IX CONCENTRACIÓN MOTEIRA 'CIDADE DE NARÓN' E DAS IV XORNADAS DE TURISMO ACTIVO
Organizadas polo Moto Club Fojeteiros, se celebran os días 30 e 31 de maio e o 1 de xuño.
Narón, 22 de Maio de 2014.- O municipio de Narón albergará os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño a IX Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’ e as IV Xornadas de Turismo Activo, organizadas polo Moto Club Fojeteiros. O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa polo presidente desta entidade, José López Quintián, quen estivo acompañado polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e as concelleiras de Deportes e Turismo, Natalia Hermida e María Rodríguez Porto. Agárdase a participación aproximada de 600 moteiros/as procedentes de toda Galicia e resto de España. O programa desta IX Concentración Moteira é o seguinte: VENRES 30 DE MAIO: -18:00 horas: Inauguración e apertura de inscricións. Mercadillo moteiro e atraccións infantís. -22:00 horas: Concertos musicais a cargo dos grupos da comarca “Emanens” e os “Trailer Park Boys Band”. SÁBADO 31 DE MAIO: -10:30 horas: Apertura de inscricións. -11:00 horas: Ruta mototurística ata o municipio de Moeche, onde se visitará o Castelo Medieval. Regreso ás 14:00 horas para comer. -17:00 horas: Exhibición acrobática no Polígono de Río do Pozo a cargo de Emilio Zamora, piloto oficial da escudería Ducati. Ó finalizar a súa actuación, sortearase entre o público asistente unha mini-moto firmada polo acróbata. -Xogos populares durante a tarde no Paseo Marítimo de Xuvia, para tódolos públicos. -21:00 horas: Cea na carpa do Paseo Marítimo de Xuvia, e entrega de trofeos. -23:00 horas: Desfile das Antorchas, ó longo da Estrada de Cstela, na que se rinde homenaxe ós compañeiros falecidos. Ó regresar, procederase á lectura do Conxuro da Queimada a cargo do Bruxo Xoan, con degustación gratuita para tódolos presentes. -Festa moteira cos DJ’s Dreamer. DOMINGO 1 DE XUÑO: -Desayuno moteiro -9:30 horas: I Ruta de Enduro (novidade este ano). -11:00 horas: Ruta Mototurística ata o Concello de Valdoviño. -14:30 horas: Xantar na carpa, sorteo de regalos entre os inscritos e despedida. Ademáis, durante os tres días que dura a Concentración Moteira, disporase dun lugar para a recollida de alimentos non perecedoiros cuxo destino será o Centro de Recursos Solidarios (CRS) do Concello de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal