Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURACIÓN DO CURSO SOBRE ELECTRICIDADE ORGANIZADO POLA FUNDACIÓN ENDESA E CÁRITAS NO CENTRO DE FORMACIÓN DE A GÁNDARA
Participan 13 persoas desempregadas, pertencentes ó programa de inclusión social de Cáritas.
Narón, 27 de Maio de 2014.- O Centro Municipal de Formación ‘Irmáns Froilaz’ acolleu hoxe a inauguración oficial do “Curso de operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios” que se desenvolve nas instalacións ubicadas en A Gándara, impartido pola Fundación Endesa en colaboración con Cáritas. Como se recordará, o Concello de Narón asinou onte un convenio de colaboración coa ONG Cáritas para a cesión da Aula-Taller de Electricidade e da Aula Dixital, onde se impartirá a formación teórica. Un total de 13 desempregados da comarca en risco de exclusión social son os destinatarios deste curso de formación, a través do cal recibirán 400 horas de formación como electricistas. As clases serán impartidas por monitores nas instalacións cedidas polo Concello de Narón, e tamén recibirán formación práctica na Unidade de Produción Térmica de As Pontes. Na inauguración do curso participou o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, quen destacou a importancia da formación para poder combater a lacra do desemprego, que nesta comarca ronda o 35% da poboación activa. Os responsables de Endesa e Cáritas tamén salientaron este aspecto, ofrecendo os medios que estean ó seu alcance para que o curso sexa o máis proveitoso posible. O Concello de Narón tamén estivo representado pola Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez. Por parte de Cáritas interviñeron a directora de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, Josefina Rebés, e o responsable de Relación con Empresas, Dirección de Xestión e Administración dos Servizos Xerais de Cáritas Española, Pedro Barquero. E dende Endesa asistiron o director xeral de Endesa Noroeste, Miguel Temboury, e do director de Programas Sociais da Fundación Endesa, Eduardo Martín Baena.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal