Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PUBLICADO NO BOP O DECRETO DE DELEGACIÓN DE SANCIÓNS DE TRÁFICO
O boletín oficial da provincia nº 204 do 4 de setembro de 2007 publica a delegación de competencias da Alcaldía en materia de imposición de sancións de tráfico feita por resolución do pasado 27 de xullo de 2007.
A Alcaldía do Concello acorda pois delegar no Concelleiro Delegado de Seguridade Cidadá, D. Guillermo Sánchez Fojo, a competencia para resolver os expedientes sancionadores ó abeiro da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial (R.d. lexislativo 339/1990, do 2 de marzo), por infraccións das normas sobre ordenación e control do tráfico nas vías urbanas de titularidade municipal, así como a resolución de tódalas incidencias que poidan xurdir na tramitación dos correspondentes expedientes. Tal e como se especifica na resolución delegatoria do 27 de xullo (o BOP sinala erróneamente o día 1 de agosto como data da resolución) esta delegación á que se refire o apartado anterior comprende as fases procedimentais de iniciación, tramitación e resolución así como a sinatura da documentación que precisa resulte, mentres que non é delegable a resolución dos recursos administrativos que se interpoñan contra os actos dictados por delegación A delegación surtirá efectos desde o día seguinte á sinatura do decreto (28 de xullo de 2007), sen prexuizo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal