Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN SUBVENCIONA A VIAXE DE 5 NENAS SAHARAUIS QUE PASARÁN O VERÁN NESTE MUNICIPIO
Forman parte do programa 'Vacacións en paz' da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, coa que o Concello mantén un convenio de colaboración.
Narón, 1 de Xullo de 2014.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, ofreceu hoxe unha rolda de prensa para presentar unha nova edición do programa Vacacións en Paz, que este ano traerá a Narón a 5 nenas a través da Asociación ‘Solidariedade Galega co Pobo Saharaui’. A delegada de Acción Social estivo acompañada na rolda de prensa polo coordinador da asociación en Ferrolterra, Benigno López, e a delegada na zona, Maite Martínez. Ambos agradeceron ó Concello o seu apoio, materializado nun convenio de colaboración polo cal a administración local achega un total de 5.000 euros, que permiten cubrir os gastos de desprazamento e outras necesidades que xurdan durante estes dous meses. As pequenas chegarán a Narón na mañá do luns 7 de xullo, e serán recibidas polas súas familias de acollida, xa asignadas. En total, Galicia acollerá este verán un total de 326 nenos/as procedentes dos campamentos de Tinduf, onde viven os refuxiados saharauis, soportando temperaturas propias do deserto que chegan ós 50º centígrados. Este programa lles permite pasar un verán diferente, lonxe dese clima, e realizar revisións de saúde e oftalmolóxicas, ademáis do compoñente social e cultural desta viaxe. En conxunto, a comarca de Ferrolterra acollerá este verán un total de 28 nenos/as saharauis, repartidos nos seguintes concellos: Narón (5), Ferrol (8), As Pontes (4), Cariño (1), San Sadurniño (2), Fene (2), Mugardos (3) e Pontedeume (3). Nalgúns casos, os concellos non colaboran con este programa, polo que a Asociación ‘Solidariedade Galega co Pobo Saharaui’ ten que buscar outras vías para poder costear a viaxe dos pequenos/as, coma a realizacións de festivais benéficos. En Narón, ademáis do convenio anteriormente citado, se realiza durante todo o ano unha recollida de roupa que posteriormente se leva a unha planta de reciclaxe, e o diñeiro recibido por estes artigos dónase á Asociación para o mesmo fin solidario.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal