Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O II MERCADO MEDIEVAL CELÉBRASE DO 11 Ó 13 DE XULLO NO PARQUE DO RÍO FREIXEIRO
Haberá representacións de Loitas Medievais e unha Escola de Pequenos Cabaleiros, entre outras actividades.
Narón, 10 de Xullo de 2014.- A Concelleira de Festas e Ocio, Mª del Mar Gómez, e o representante da empresa Los Templarios, Diego Gil, presentaron hoxe o II Mercado Medieval de Narón, que se celebrará no paseo do Parque fluvial de Freixeiro do 11 ó 13 de xullo. Trátase dunha iniciativa lúdica e de ocio dirixida a tódalas idades, pero en especial ós máis pequenos da casa. O Mercado está ambientado na época dos guerreiros medievais, que se pasearán ó longo de toda a feira para amosar cómo era a vida na Idade Media. Para iso, catro cabaleiros templarios levarán a cabo unha Escola de pequenos cabaleiros (tódolos días ás 13 e 20 horas) na que amosarán ós nenos/as como loitaban nesa época, e as armas que empregaban (mazos, arcos, látigos, espadas, hachas…) No Mercado Medieval tamén haberá: -Postos de artesanía (con postos adicados á bisutería feita con pel, artigos a base de cera, e incluso confección textil de traxes) -Alimentación artesanal -Recanto medieval -Carrusel para nenos/as Ademáis, realizaranse Representacións da época medieval, con combates entre guerreiros (unha pola mañá, e outras tres na tarde). A apertura do mercado será o venres ás 18 horas, e durante o sábado e o domingo o horario deste Mercado Medieval será de 11:00 a 14:30 horas e de 18:00 a 23:00 horas, podéndose prorrogar no caso de bo tempo. A Concelleira de Festas, Mª del Mar Gómez, fixo un chamamento á asistencia de público esta feira. “Animamos á xente a que participe, sobre todo ós nenos, que van a disfrutar moito recreando as experiencias de antano”, indicou a edil.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es