Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN SOLICITA A FERROL QUE ANULE OS ACORDO SOBRE O SANEAMENTO E DEPURACIÓN DAS AUGAS RESIDUAIS Ó NON AXUSTARSE Á LEGALIDADE
Reclámase a anulación da encomenda de xestión da Depuradora a Emafesa e da Taxa de Depuración das Augas Residuais.
Narón, 14 de Xullo de 2014.- A Corporación Municipal de Narón celebrou hoxe un Pleno Extraordinario no que se aprobaron (cos votos a favor de TEGA, PSOE, BNG e Grupo Mixto, e a abstención do PP) tres requerimentos ó Concello de Ferrol, para que revoque e deixe sen efecto os acordos adoptados polo Concello Pleno o pasado 29 de maio, relativos á: -Encomenda de xestión de Augas de Galicia ó Concello de Ferrol para a explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol. -Protocolo de execución entre o Concello de Ferrol e Emafesa para a explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol. -Imposición e ordenación dunha taxa polo servizo de depuración de augas residuais. Tal e como recordou o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, estes tres acordos “non se axustan á legalidade e son nulos de pleno dereito. Así o establecen os informes xurídicos encargados polo Concello de Narón como parte interesada, a un catedrático de Dereito experto nesta materia”. A anulación destes acordos ven avalada por informes xurídicos, non políticos, que establecen que Augas de Galicia non pode encomendar ó Concello de Ferrol a xestión do saneamento posto que a administración local non pertence ó organismo autonómico e polo tanto non se axusta á Lei de Contratos do Sector Público. Asimesmo, o protocolo asinado entre o Concello de Ferrol e Emafesa non se axusta á legalidade ó tratarse dunha empresa mixta (con capital privado e público) e este contrato suporá un aumento da súa cifra de negocio pola actividade adicional, que se lle encomenda ata o ano 2030, o que obrigaría a Narón a aceptar este modelo de xestión ó conectarse á EDAR no ano 2016. A este respecto, o Alcalde de Narón sinalou que “non se pode entregar unha obra a unha empresa privada sen un concurso público, porque isto é unha ilegalidade”. Por último, a Taxa de Saneamento que aprobou o Concello de Ferrol carece dunha memoria económico-financieira sobre o coste ou valor do servizo e a xustificación da cuantía da taxa proposta, polo que resulta nula de pleno dereito. O prazo de presentación de alegacións a esta taxa remata precisamente mañá, e o Concello de Narón como parte interesada solicitou a documentación sobre esta Ordenanza fiscal, rexeitando esta petición o Concello de Ferrol ó considerar que Narón “non é parte interesada no asunto posto que non ten propiedades en Ferrol” . Esta resposta resulta insólita, tendo en conta que Narón se conectará ó Saneamento das augas residuais no ano 2016, e a Depuradora estará xa funcionando e haberá que abonar a correspondente taxa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal