Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS RECIBE UNHA DONACIÓN DE COMBUSTIBLE DE ORTEGAL OIL
A empresa entrega vales por importe conxunto de 500 euros para financiar os desprazamentos dos voluntarios desta ONG.
Narón, 28 de Xullo de 2014.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina Garcia, presentou hoxe a colaboración que levará a cabo a empresa de gasoil Ortegal Oil (que conta cunha estación de servizo no polígono de Río do Pozo) co Centro de Recursos Solidarios. A edil estivo acompañada polo xerente da compañía, Antonio López, e as representantes de Cáritas e Dignidad, Mª del Pilar Rodríguez e María Quintía respectivamente. A empresa Ortegal Oil realizará unha aportación de 500 € -en vales de combustible de 5 € cada un- para financiar os desprazamentos dos voluntarios do CRS no seu traballo de recollida ou entrega de donacións. A Concelleira de Acción Social agradeceu a colaboración desinteresada desta empresa, que tamén habilitará un espazo na súa estación de servizo para recoller enseres ou alimentos doados por particulares para trasladalos ó CRS. Asimesmo, continúa crecendo o número de empresas e negocios particulares que se ofrecen a colaborar co Centro de Recursos Solidarios de Narón. A Concelleira de Acción Social adiantou que 5 librerías do municipio habilitarán un espazo no seu interior para que os clientes poidan comprar material escolar e donalo ó Centro de Recursos Solidarios. Asimesmo, estase en conversas con 3 moblerías da cidade que tamén están dispostas a colaborar con esta ONG xestionada por Cáritas e Dignidad, baixo a coordinación do Concello. Catalina García agradeceu tódalas mostras de solidaridade “das entidades e tamén das persoas particulares que, a pesar dos difíciles momentos que vivimos, están facendo aportacións moi importantes” asegurou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal