Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE ABRE O DÍA 8 DE SETEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS CLASES DE MÚSICA E A AULA DE ENSAIO
Ofértanse clases de baixo, guitarra e batería para mozos/as de 12 a 30 anos de idade.
Narón, 5 de Setembro de 2014.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, abrirá o vindeiro luns 8 de setembro o prazo de inscrición para asistir á Escola de Música Moderna, e para utilizar a Aula de Ensaio para grupos noveis. As inscricións poden formalizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada no 1º andar do Concello, en horario de mañá. As persoas interesadas deberán ter entre 12 e 30 anos, en ambas opcións. As instalacións se sitúan na Casa da Mocidade, e permanecen abertas de luns a venres en horario de 17 a 20 horas. A Escola de Música Moderna oferta para este curso 2014/2015 clases dos seguintes instrumentos musicais: -Baixo. -Guitarra (divididas en dous niveis: iniciación e perfeccionamento). -Batería. O prezo das clases é de 8,15€ mensuais por alumno/a. No caso da Aula de Ensaio, a taxa é a mesma por cada integrante do grupo, e en cada sesión de ensaio. Para empregar a aula, alomenos un dos integrantes do grupo deberá ser de Narón. As clases iniciaranse no mes de outubro, e os grupos iranse conformando segundo a demanda existente.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal