Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR A BENEFICIO DO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
A doazón realízase a través das librerías adheridas a esta iniciativa.
Narón, 20 de Setembro de 2014.- O Concello de Narón ven de iniciar unha campaña de recollida de material escolar nas librerías de Narón, destinada ó Centro de Recursos Solidarios (CRS). A Concelleira de Acción Social, Catalina García, entregou esta mesma semana os colectores de recollida de material ós responsables de dous establecementos colaboradores: a Librería Galicia (Xuvia) e a Librería Nova (Santa Icía). Tamén está confirmada a participación nesta campaña -que se prolongará ata finais de decembro- das Librería Day (A Gándara) e a Librería Breogán (Santa Icía), aínda que o Concello tratará de que participen tamén as 9 librerías restantes, e incluso os centros escolares. A idea é instalar estes depósitos nos establecementos comerciais, para que as persoas que desexen doar material escolar (bolígrafos, cadernos, folios, etc..) o poidan adquirir nestas mesmas librerías e depositar nos colectores. Máis adiante, a partires do mes de xuño de 2015 realizarase outra recollida de material de cara ó curso 2015/2016. “Queremos axudar ás familias con poucos recursos e ó mesmo tempo axudar a promover o comercio local” asegurou a Concelleira de Acción Social, Catalina García.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal