Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN ALCER PROMOVEN UN PROGRAMA DE EXERCICIO FÍSICO PARA ENFERMOS CRÓNICOS
'Bule con Alcer' se desenvolverá de outubro a decembro, no Local Social Municipal de Xuvia, Hai 25 prazas disponibles.
Narón, 18 de Setembro de 2014.- A Concelleira de Acción Social e Participación Cidadá, Catalina García, o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, e o coordinador do programa ‘Bule con Alcer’, Jorge García, presentaron hoxe en rolda de prensa o programa de exercicio físico e acitividade social dirixido a enfermos con patoloxías crónicas. Paralelamente, levaranse a cabo actividades de convivencia e relacións sociais para que poidan participar tamén os familiares dos enfermos. O programa ‘Bule con Alcer’ non é só un programa de ximnasia senón que ofrece un estudio persoal de cada enfermo e unha valoración do exercicio físico máis axeitado para cada un. Hai 25 prazas disponibles, e as clases levaranse a cabo os martes e xoves, de 11 a 12:30 horas no Local Social Municipal de Xuvia (ocupado pola Asociación ‘Altea’). Este programa é carácter gratuito, posto que está financiado polo Concello de Narón (cunha aportación de 1.300€) e os encargados de levalo a cabo son dous técnicos superiores de INEF e unha educadora social. Para poder participar tan só precísase ser maior de idade, residir en Narón e ter algunha enfermidade pero conservar a autonomía física. As clases levaranse a cabo inicialmente de outubro a decembro, pero o programa nace con vocación de continuidade, ó igual que estase a levar a cabo noutros concellos da provincia. As inscricións poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello, no Local Social Municipal de Xuvia, ou ben chamando ó número 676 801 473. Xunto coa solicitude, os interesados deberán aportar un informe médico no que se especifique a súa patoloxía

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal