Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCADO O PLENO ORDINARIO PARA O VINDEIRO XOVES DÍA VINTESETE DE SETEMBRO DE 2007
A Alcaldía do Concello de Narón convocou na mañá de hoxe o Pleno que, con carácter ordinario, reunirase o vindeiro xoves día vintesete de setembro ás dezanove horas.
O Orde do día da devandita sesión será o seguinte: 1º.-Aprobación , se procede, das actas das últimas sesións (26-07-07 e 29-08-07) . 2º.-Dar conta dunha resolución da Alcaldía sobre delegación de materias nun concelleiro. 3º.-Proposta de ratificación do nomeamento de avogado nun procedemento contencioso-administrativo. 4º.-Proposta sobre alegacións ao expediente de expropiación vial de saída de rúa Cangas á Estrada de Castela. 5º.-Proposta sobre as alegacións presentadas ao proxecto de expropiación para urbanización de vial de enlace entre a rúa Virxe de Covadonga e rúa Roncesvalles. 6º.-Proposta sobre determinación de festas locais para o ano 2008. 7º.-Proposta sobre expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de créditos financiados mediante remanente líquido de Tesourería. 8º.-Moción dos Grupos Municipais do BNG, PSOE e PP, relativa á creación dunha comisión para a revisión das taxas de acometida das redes de saneamento e abastecemento de auga no rural. 9º.-Moción do Partido Popular sobre o cobro do consumo real do consumo de auga. 10º.-Proposta de nomeamento dun representante do Concello de Narón na Comisión de Participación Cidadá da Área Sanitaria de Ferrol. 11º.-Moción do Grupo Municipal do PsdeG-PSOE sobre a actuación dos representantes municipais nos organismos con representación do Concello de Narón. 12º.-Moción do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego relativa á participación cidadá. 13º.-Actividade de control do pleno: 1.- Mocións urxentes. 2.- Dación de conta resolucións órganos de goberno 3.- Rogos e preguntas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal