Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE PRESIDE A TOMA DE POSESIÓN DE TRES NOVOS AXENTES DA POLICÍA LOCAL DE NARÓN
Coas novas incorporacións, a prantilla sumará 37 efectivos.
Narón, 22 de Setembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidiu a toma de posesión de tres novos policías locais que se incorporarán á plantilla do Concello de Narón en maio de 2015, logo de completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública (onde inician hoxe a súa preparación). Os tres novos axentes, que superaron o proceso de selección convocado polo Concello de Narón en novembro de 2012, son: Roberto Grandal Teijeiro, Martín Vilariño López e Aitor Hermida Santiago. Actualmente, a plantilla da Policía Local de Narón está formada por 34 axentes, ós que se sumarán o vindeiro ano estes tres novos policías, pasando polo tanto a 37 efectivos para un municipio que ronda xa os 40.000 habitantes. Na toma de posesión tamén estiveron presentes o Xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e a Secretaria Accidental do Concello, Pilar Suanzes, quen deu fe do acto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal