Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ASINA UN CONVENIO COA ASOCIACIÓN 'LEDICIA CATIVA' PARA ACOLLER NO VERÁN A NENOS DE CHERNÓBIL
O pasado verán participaron en Narón duas familias de acollida neste programa.
Narón, 24 de Setembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Asociación Ledicia Cativa, Juan Conde González, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de servizos sociais. Estiveron acompañados pola Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García. A Asociación Ledicia Cativa é unha entidade sen ánimo de lucro, que promove e desenvolve os programas de acollementos temporais de nenas e nenos procedentes de zonas afectadas por catástrofes nucleares, que lles provocan indefensión e graves problemas de saúde para a infancia. A través deste convenio, financiouse a estancia de dous nenos procedentes de Briansk (a 175 kilómetros de Chernóbil) que disfrutaron deste verán con familias de acollida en Narón. Esta experiencia permitíulles mellorar as súas condicións de saúde, e disfrutar dunha experiencia educativa e lúdica de intercambio coas súas familias de acollida. O convenio ten unha vixencia anual, e supón unha achega económica de 1.000€ por parte do Concello de Narón. Este é o único municipio da comarca que acolle, polo de agora, a nenos/as refuxiados de localidades próximas a Chernóbil (Rusia). A Asociación Ledicia Cativa conta actualmente con 64 familias de acollida en toda Galicia. A entidade, fundada no ano 2002, ten sede en Ourense e adícase a xestionar a viaxe e estancia de menores (con idades comprendidas entre os 7 e os 17 anos) en diferentes cidades de Galicia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal