Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DE CULTURA AMPLÍA O PRAZO DE MATRÍCULA DAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS, ANTE O ELEVADO NÚMERO DE SOLICITUDES
As inscricións poden formalizarse ata o 15 de outubro. Neste momento hai xa máis de 700 solicitudes para o curso 2014/2015
Narón, 6 de Outubro de 2014.- O Padroado de Cultura do Concello de Narón acaba de ampliar o prazo de matrícula das Escolas Culturais Municipais para este curso 2014/2015, ata o vindeiro mércores 15 de outubro. As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas do Pazo da Cultura de Narón, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 ou de 17:00 a 19:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas. Actualmente, lévanse rexistradas máis de 700 matrículas entre as escolas tradicionais, as escolas artísticas, a escola de actores e actrices, a escola de bailes de salón, e as escolas de música da asociación cultural e musical ‘Sementeira’. A oferta de actividades para o presente curso é a seguinte: ESCOLAS TRADICIONAIS: Danza Tradicional: a partir de 5 anos...................................... 63.10 € Curso Gaita: a partir de 6 anos.............................................................. 63.10 € Curso Percusión tradicional: a partir de 6 anos.................................. 63.10 € Curso Canto e pandeireta: a partir de 5 anos...................................... 63.10 € Curso Zanfona: a partir de 8 anos......................................................... 63.10 € Curso Construción de instrumentos: maiores 16 anos...................... 63.10 € Curso O Recuncho dos Pequechos: 3 e 4 anos.................................. 63.10 € Curso ARTÍSTICAS: Debuxo: a partir de 6 anos..........................................................63.10 € Curso Teatro: a partir de 14 anos...........................................................63.10 € Curso ESCOLA DE ACTORES E ACTRICES: Curso de Acceso: a partir de 16 anos........................................63.10 € Curso 1º, 2º, 3º curso:.................................................................................208 € Curso Aquelas persoas que teñan tres matrículas ou máis poderán aplazar o seu pagamento, facendo efectiva a parte adebedada do 9 ao 12 de Decembro. O prazo de devolución de matrículas será ata o 31 de Outubro. BAILES DE SALÓN: A partir de 4 anos: ............................................Matrículas 31.60 € + 15 €/mes ESCOLAS DE MÚSICA ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL SEMENTEIRA: As matrículas poderán formalizarse nas oficinas da Asociación Cultural Sementeira no 2º andar do Pazo da Cultura, os sábados de 11:00 a 13:00 horas. Para máis información poden chamar o teléfono: 699 458 267. Iniciación a música: 5 e 6 anos.................................Matrícula 67 € + 8 €/mes Solfexo de 1 a 6: dende os 7 anos e adultos ..........Matrícula 67 € + 8 €/mes Instrumentos: ( Saxofón, trompeta, fliscornio, trompa, trombón, bombardino, tuba, clarinete, requinto, oboe, fagot, flauta traveseira, violonchelo, contrabaixo e percusión)............Matrícula 67 € + 8 €/mes O curso consta de oito mensualidades de outubro a maio, ámbalas dúas incluidas. A cota de socio é obligatoria e son 20 € anuais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal